sábado, 23 de mayo de 2009

ADEUS III


[Sinto este mareo de post, jejejeje, pero a mudanza remata conmigo e non dou subido todo dun golpe...a marearse un pouco toca...]

Lembro que non sempre foi así, non sempre Antonio saia nos telexornais, aquel primeiro disco foi abrazado pola critica de contado pero moi poucos sabian ainda quen era Antonio Vega, e moi poucos lembraban xa a Nacha Pop. Recordo un concerto en Pasarón, Pontevedra, teloneando a J. Sabina (outro que tal baila, quien te ha visto y quien te ve) cando xa empezaba a xoguetear cos rapaces dos 40 esquencendo á canalla...pero bueno, isó é outro tema. Antonio ante 50 fanaticos (recoñezamos que gruppies enfurecidas) diante do esceario e todo Pasarón esperando a Sabina. Disfrutamolo nós, agora haberá 10.000 persoas que dirán que o viron ese dia, mentira, estaban tomando a cervexa e mirandolle o cú á rapaza de diante no concerto.

"Que feliz aquella noche, rellenando hojas sin parar
hoy lo leo y rio solo. No me queda nada que ocultar
Soy el dueño de mis gatos y el insomnio de un perro guardián
he encontrado la manera, de actuar sin justificación,
agarrado a la quimera, de no estar vendido al corazón."

Xa de aquela morria, xa estaba nas últimas, falamos de 1992, así que apareceu un cd homenaxe, algo que xamais se fixera neste país, e iso soaba definitivamente a epitafio...a discografica aproveitou e lanzou tamén un recopilatorio, e blablabla, morre, morre, morre...e zás! morre Antonio...Flores, pena en el Hola por que murio el hijo de la Faraona, xamais o autor de "Mi habitación", cousas que pasan. Mais a diante tocarialle a un amigo, E. Urquijo, ainda lider dos eternos Tos, Secretos, e cunha interesantisima carreira en solitario, aparece morto nun portal cando ninguen o esperaba. aquí é onde entra un tema como "Agarrate fuerte a mi..." interpretado por amizade por Antonio e que tanto disfrutas na sua voz...

"Agarrate fuerte a mi María
agarrate fuerte a mi,
que tengo miedo
y no tengo donde ir".

Pero Antonio Seguia compoñendo e sacando discos, e seguia actuando en directo, seguia activo e seguia apaixoando...pero a xente seguia falando e falando, e cando dicias que ias a un concerto seu, ou que ias mercar un disco seu...xa ias a ver o yonki, e de novo blablabla...

"Y no lo supe contestar.
Lo cierto es que me daba igua, que dirección tomar.
Soñé que soñar, era tan cierto como imaginar.
Soy desde entonces viajero, de los que nunca dan un paso
atrás".

Neste tempo gravou varios discos incribles, e un puñado de cancións que pasarán á historia e que todos cantaremos durante anos cunha guitarra cerca...

"Pasajeras del cielo desafiad, a quien dude que esta es una
historia real.
Fue pasando el tiempo, aprendí a esperar
que hay crepúsculos que nunca nos sorprenderán".

Neste tempo tivo momentos mellores e peores, concertos realmente bós acompañado polos mellores músicos deste país, dende Basilio Martí, Billy Billegas, Carlos Narea ou Nacho Bejar, ou en formatos mais intimos, acompañado da sua guitarra e pouco mais que a sua voz. As veces Antonio tiña que ser dirixido, ou perdiase nun solo de guitarra, ou reinventaba a letra cando ninguén o agardaba...e outras surxia un xenio, un guitarrista incrible, un músico que falaba versos e que conseguia unha atmosfera fora de lugar.

"Dos formas de vida,
la propia y la ajena.
Una misma ola
rompe en dos orillas,
la alumbrada por sí sola,
la alumbrada por bombillas".

...

No hay comentarios: