sábado, 23 de mayo de 2009

ADEUS II



Lembro fai moitos anos pedirlle as nenas do meu colexio as pegatinas da SuperPop
Non as grandes de Sabrina, Rick Astley ou o guaperas de Kirk Cameron, se non as de aparecian
en pequeniño, as que eran para aproveitar o papel, aquelas de Radio Futura, Los secretos ou Nacha Pop ...habia unha cinta pola casa de "Dibujos Animados", e a min gustabame Nacha Pop.

"Se dejaba llevar,
se dejaba llevar por ti,
no esperaba jamás
y no espera si no es por ti,
nunca la oyes hablar,
solo habla contigo y nadie más."

O estruendo polo éxito de critica e ventas (por fín) do grupo e pola sua disolucion...remataba unha época, era a época final de Dinarama, acercabase o fin de Sabino e os seus Trogloditas, e quedaba pouco xa para a bohemia da Nova Ola que pouco podia facer xa ante o peso que ian gañando Los Heroes del Silencio ou o futuro Grunge que nos atronaría dende Seatle.

"Lo mejor de nuestra vida, que aprendimos a mentir y no sentir temor,
el amor que antes dolía, convertido en superamistad entre los dos,
lo mejor...decidido".

Tres anos depois, ainda novo, moi novo, escoitei mentres me cortaban o pelo unha canción incrible, algo que nese momento teria pagado por que levara a miña firma, e algo me obrigou a comprar ese disco... a canción era "Esperando nada" e o disco, o primeiro en solitario de Antonio "no me iré mañana", (Case ten ata coña)

"Vivo en la calle, estudio de aprendiz
con libros que en la escuela nunca ví".

Dende ese momento Antonio indudablemente e dun xeito amable acompañou a miña vida ata a semana pasada, e seguirá facendoo supoño que ata que me toque a min, hai cousas que non elixes .ese ano para conseguir velo en directo escapamos dun xeito extraño do instituto para ir a un concerto en Santiago. Nese concerto tocaban Antonio e Ketama. (Festas da Ascensión coma hoxe, fará uns 18 anos)

"Hay nieve, hay fuego, hay deseos
allí donde me recreo".

O concerto suspendeuse pola chuvia, pero coma nos levabamos unha chea de horas en Santiago, estivemos presentes durante a entrevista que Mon Santiso (quien te ha visto y quien te ve) lle fixo nas escalinatas da Alameda Compostelana. E alí lle pedimos un autografo e o tivemos diante por primeira vez.

"Hoy no me desplazo a grandes trancos por la vida.
es mi andar discreto e indiscreta es mi alegria.
es solo cuestión de tiempo, como viento en mar amiga.
Es presunción de las mias creer que así escrita fue mi vida".

Pasou moito tempo ata que o conseguín ver en directo, en parte debido a que nunca foi o que se diria prolífico en canto á edición de discos e logo, supoño, que por mala sorte, mala coincidencia de datas, etc...e por ser uns crios e non poder dispor dun coche que te levara directamente ata o concerto.

"Viento que en su murmullo parece hablar,
mueve el mundo y con gracia le ves bailar
y con el el escenario de mi hogar".

...

No hay comentarios: