viernes, 27 de noviembre de 2009

ROMAN POLANSKI: WANTED AND DESIRED

ROMAN POLANSKI: WANTED AND DESIRED
Marina Zenovich - USA;UK / 08 - Doc


A demostración de que se pode facer un documental seguindo unha liña argumental similar a un filme, cun castin ben elexido (de feito ter a opinión do avogado de Polansky e do fiscal do caso dalle unha credibilidade xenial o asunto), e unhas imaxes de arquivo estupendas sobre o caso da suposta violación asi como sobre o caso do asasinato da fermosisima muller (& Cia.) de Polansky.

A pena é velo na sede da fundación Caixa Galicia que ven sendo os cines o mesmo que un bocadillo de nocilla a alta cociña...

Pero bueno, interesante, ben feito, e coidadamente producido...ala, todos a baixalo de internet.

martes, 17 de noviembre de 2009

OIL CITY CONFIDENTIAL


OIL CITY CONFIDENTIAL: THE DR. FEELGOOD STORY

Julien Temple - UK/09 - Doc

Lee Brilleaux, Wilco Johnson

Repaso á historia dun dos grupos mais importantes do reino unido, perdidos na historia entre a psicodelia e o punk...

Fascinante a figura de Wilco Johnson...

Pero J. Temple coma xa fixera coa histora de Joe Strumer no 07, quizais se sumerxe demasiado na pre-historia do grupo, deixando de lado o verdadeiramente importante, e a verdade e que sobrevive coma documental sin mais, xa que de cinematografico teñen pouco.

O mais importante sin dubida a música da banda...desexable...


LE REFUGE


LE REFUGE

François Ozon - Fr/09

Isabelle Carré, L. R. Choisy

A diferencia das duas anteriores referencias francesas que vira en Cineuropa este ano (bastante cuestionables), por fin chega un dos directores europeos polos que sinto mais debilidade, cunha obra estupenda.

O gay "bó" do cinema frances (si consideramos a P. Chereau coma o malo) revelase nesta historia de amor e amosanos o seu lado mais oscuro, lonxe de contos de fadas moito mais fermosos da sua anterior filmografia, cunha historia de yonkis mortos, adiccions á heroina, gays con afan de ser nais, e nais sin instinto maternal...

Estupendo reparto, sobre todo Isabelle Carré que terán que premiala multiplemente en mil sitios este ano...

Ozon repite neste Cineuropa con Ricky, tamén deste ano e que pinta moi ben...está fecundo o señor Ozon.


DANS MA PEAU


DANS MA PEAU

Marina de Van - Fr/02

Marina de Van, Laurent Lucas

Non saberia moi ben explicar que coño lle pasa a esta rapaza que dirixe, escribe e protagoniza esta pelicula... non xa polo dificil de mirala, de dixerir (nunca mellor dito) o que se ve na pantalla, estamos acostumados a zombies, asasinos en serie, gore e sangue facil, pero isto é un pouco excesivo...por outro lado, cando alguén coma Cronemberg nos adentra en mundos desta complexidade interior (nunca mellor dito tamén) cando menos sabemos cara onde imos, ou como minimo hai algo na historia que nos fai seguir e seguir tratando de buscar a peza que nos dé a clave da historia...De Van non o consegue...a desagradable visualización da sua historia non interesa en ningún momento...e o ornitorrinco ainda está a tomar valium para dixerir certas imaxes.

Autocanibalismo na Francia do S.XXI? vamos home...


WHAT JUST HAPPENED?


WHAT JUST HAPPENED?

de Barry Levinson - USA/08

R. De Niro, C. Keener, J. Turturro, S. Tucci, R. Wright, S. Penn, B. Willis

Moito mellor este cartel que o mais habitual e aburrido da pelicula...

Estupenda pelicula de B. Levinson sobre o mundo do cine, dende a perspectiva dun productor jolibudiense (De Niro) que ten que sacar a diante unha, por outro lado interesantisima, pelicula protagonizada por S. Penn, executivos do estudio, prensa, axentes, actores, directores, drogas, mulleres, esposas, fillos e demais asuntos diarios levarán a este productor á toleria...

Por suposto non se pode permitir que nunha superproducción de Hollywood os malos maten o protagonista e moito menos ó seu can...

Levinson sabe moito disto, e reflexao cun tono ironico e divertido estupendo, unha peli xenial, que seguro que a penas pasará con fortuna polas nosas pantallas, ainda que o igual que pasa co reparto de "Synecdoche, NY" De Niro está de Oscar.


SYNECDOCHE, NEW YORK


SYNECDOCHE, NEW YORK (Todas las vidas, mi vida)
de Charlie Kaufman - USA/08
P. S. Hoffman, C. Keener, S. Morton, J.J. Leigh

O que seguramente é o mellor guionista dos últimos anos en America (Olvidate de mi, El ladrón de orquideas, Como ser J. Malkovich...) escapa da colaboración na dirección doutros amigos e toma el as riendas desta historia irmá das anteriormente comentadas pero ainda mais axfisiante, ainda mais escondida en si mesma, ainda mais complexa...temporal, fisica e interpretativamente falando...

Maxistral todo o reparto, pero espectaculares P.S. Hoffman e Samantha Morton, coma case sempre por outro lado.

Incribe a atmosfera que consegue crear nesta historia Kaufman, onde por momentos vaiselle da man o ritmo da historia pero perdoamosllo por ser primeirizo...

Do melloriño de Cineuropa este ano... polo de agora.



jueves, 12 de noviembre de 2009

DAYTIME DRINKING


DAYTIME DRINKING
de Young-Seok Noh - Cor/08
Kang-hee Kim e Sam- dong Song

A filmografía coreana sempre ten nos últimos anos algo que amosar...non é que isto sexa o mellor que teñen que ofrecer, pero a frescura desta historia de enredos que roza o drama con toques de comedia, ou a comedia costumbrista dramatica...ese sentido do humor masoquista que teñen os asiaticos...
Que maneira de beber dios mio...e que estragos fan as mulleres nos homes, e nos coreanos nin che digo...o desastre tras desastre que sufre o protagonista que se ve inmerso nun bucle drama tras drama por culpa de unha, outra, outra, e outra muller, e por ultimo volvemos a empezar cunha nova moza...
Pois iso, estupenda...da para falar, para divertirse, e para sair do cine cunhas ganas tolas de tomar unha copa e fumar un paquete de tabaco de golpe...

PD: e que non sabia por cal destas duas versións do cartel decidirme...vos diredes




SLEEP DEALER

SLEEP DEALER
de Alex Rivera - Mex-Usa/08
J. Vargas e Leonor Varela
Ciencia Ficción "realista" dende Mexico, o futuro dos inmigrandes de pasado mañá...un futuro igual de jodido que o de hoxe pero cunha tecnoloxia moito mais avanzada...segue habendo fame pero que mais dá, os ordenadores sonche a ostia.
A pesar de ter que seguir media pelicula polos subtitulos en ingles por que a estes mexicanos non se lles entende nadiña a pelicula é estupenda, fresca, reivindicativa e suxerente, con reminiscencias de P. K. Dick ou das proximas no tempo de matrix...xa vedes en que.
Memorable a Sra Varela...tremendo descubrimento para min...beleza mexicana tremenda!

VENDREDI SOIR


VENDREDI SOIR
de Claire Denis - Fr /02
V. Lemercier e V. Lindon

Tampouco da para moito mais, historia de amor á francesa con pinceladas de fantasía á francesa tamén...pasará desapercivida en cineuropa este ano igual que o fixo no seu momento en Venecia, non estivo mal para pasar a tarde.


martes, 10 de noviembre de 2009


Elevator
De George Dorobantu - Rumania/08
Cristi Petriescus e Iulia Verdes.

Comezamos en Cineuropa este ano cunha novidade dende Rumania, 20 peliculas ó ano se fan alí...pois si de esas vinte nos chegan duas o ano debido á sua calidade, non estarán facendo mal as cousas os rumanos...
Dous mozos quedan atrapados nun ascensor...non se pode dicir mais.
Non pasará á historia por innovadora, pero ten intencións, está coidada, ten os seus detalles...o reparto non é moi estenso que digamos, e non hai moito paisaxe ... pero é entretida e agradecense duas cousas:
- a metraxe dura o que ten que durar... por que facer unha pelicula de duas horas si a historia non da para mais?...
- e o final aberto, ou medio aberto, ou medio fechado...pero bueno iso xa o diredes vos...

martes, 3 de noviembre de 2009

Outro Adeus, este cinematografico


Non hai moito que dicir...fixo moita merda, pero joder, cando facia algo bó...!!!!!!!! a sua filmografia é incrible...
Nada mellor para recordalo que este debuxo de Davila no Faro de hoxe.
Ata sempre.