martes, 17 de noviembre de 2009

WHAT JUST HAPPENED?


WHAT JUST HAPPENED?

de Barry Levinson - USA/08

R. De Niro, C. Keener, J. Turturro, S. Tucci, R. Wright, S. Penn, B. Willis

Moito mellor este cartel que o mais habitual e aburrido da pelicula...

Estupenda pelicula de B. Levinson sobre o mundo do cine, dende a perspectiva dun productor jolibudiense (De Niro) que ten que sacar a diante unha, por outro lado interesantisima, pelicula protagonizada por S. Penn, executivos do estudio, prensa, axentes, actores, directores, drogas, mulleres, esposas, fillos e demais asuntos diarios levarán a este productor á toleria...

Por suposto non se pode permitir que nunha superproducción de Hollywood os malos maten o protagonista e moito menos ó seu can...

Levinson sabe moito disto, e reflexao cun tono ironico e divertido estupendo, unha peli xenial, que seguro que a penas pasará con fortuna polas nosas pantallas, ainda que o igual que pasa co reparto de "Synecdoche, NY" De Niro está de Oscar.


No hay comentarios: