martes, 17 de noviembre de 2009

DANS MA PEAU


DANS MA PEAU

Marina de Van - Fr/02

Marina de Van, Laurent Lucas

Non saberia moi ben explicar que coño lle pasa a esta rapaza que dirixe, escribe e protagoniza esta pelicula... non xa polo dificil de mirala, de dixerir (nunca mellor dito) o que se ve na pantalla, estamos acostumados a zombies, asasinos en serie, gore e sangue facil, pero isto é un pouco excesivo...por outro lado, cando alguén coma Cronemberg nos adentra en mundos desta complexidade interior (nunca mellor dito tamén) cando menos sabemos cara onde imos, ou como minimo hai algo na historia que nos fai seguir e seguir tratando de buscar a peza que nos dé a clave da historia...De Van non o consegue...a desagradable visualización da sua historia non interesa en ningún momento...e o ornitorrinco ainda está a tomar valium para dixerir certas imaxes.

Autocanibalismo na Francia do S.XXI? vamos home...


No hay comentarios: