jueves, 31 de enero de 2008

Uffffff



As veces gustariame escapar...dar un portazo e fuxir, fechalo todo e agocharme.

viernes, 18 de enero de 2008

VEGA

Este Ornitorrinco, habitante de ConxoStreet, ten unha mascota chamada Vega.

Mellor deberiamos dicir que Vega ten de mascota un Ornitorrinco, pero bueno, ese é outro tema.

Vega cumplirá alá polo mes de agosto, se non me equivoco demasiado, seis anos.

É dicir, leva unha quinta parte da miña vida ó meu carón (ou eu o seu).

“El hombre es civilizado en la medida en que comprende a un gato”

(G. Bernard Shaw)

Non hai moito que dicir, só unha casualidade che levaria a compartir a vida tanto tempo cunha femia sexa da especie que sexa…

Seguramente é o bicho mais malo que coñezo, é tozuda, rencorosa, caprichosa, morde e rabuña…algúnha persoa que me lea supoño que terá moza e se sentirá identificado, verdade?

“No importa lo que hayas hecho mal, siempre trata de que parezca que lo ha hecho el perro” (un gato).

Por outra banda, é fermosa, estilizada, elegante, o seu pelo brilla o lonxe e os seus ollos amosan todo o que ten dentro c dun xeito sobrecolledor…

Cando non ten comida amosase languida e tenra e non deixa de buscarte…

“Lo que más aprecia un gato en un ser humano no es la capacidad de aportarle alimentos, que consideran sobreentendida, sino el valor que posee como fuente de entrenamiento”

(E. West).

(pero non pode ser, estás a dieta, que logo non che cave o bikini…), ainda asi, cando abres a porta e xa te está esperando, cando te tiras no sofá e ven a acurrucarse sobre ti,

“A juicio de los gatos, los hombres no somos más que muebles de sangre caliente” (Jacquelyn Mitchard).

ou sobre todo cando está durmindo no sofá ou nunha silla e ti vas para a cama e che falta algo…e paraste a pensar…está puñetera que pasa? Hoxe non lle interesa a miña compañía? Pero non, o pouco oes que le levanta e ven ata a cama, sube enriba tua, busca a posición correcta e deitase sobre as tuas pernas, coma dicindo…por fin o meu trono está disposto (normal, son moitos anos seguindo o mesmo ritual). Entón sabes que xa non queda nada que facer nese dia, xa podes durmir tranquilo.

“Los gatos saben por instinto la hora exacta a la que van a despertarse sus amos, y los despiertan diez minutos antes “

(Jim Davis).

É que esta fermosura superame, non poderia vivir sin ela, e espero que ela tampouco sen min, ainda que fiate ti das fidelidades.

Ainda asi estou seguro que pertence o xenero phanter e non o felix…pero bueno.

PD: por que sei que verás esto, adicocho, lembras? Algunha vez tiven ata duas gatas…jeje



jueves, 3 de enero de 2008

ANTONIO GASSET DUBOIS


Teño o Ornitorrinco cabreado por que enterouse dunha nova nada agradable...
Parece ser que Gasset deixa "Dias de cine" de forma "voluntaria" (o que implica regulación de tve e prexuvilacion pero bueno...).
Gasset comezou coma periodista en TVE cando ainda nin se podian imaxinar o que seria unha pantalla de plasma, e coma el dicia cando o cine facia soñar, pensar e amar...ampliou a sua actividade decantandose decididamente pola critica cinematografica e incluso actuando en varias peliculas...coma a mitica "Arrebato" de Ivan Zulueta.
Dende Informe Semanal pasaria a dirixir "Dias de Cine" tal vez era demasiado molesta a sua sincera verborrea nun programa coma Informe Semanal, e pensarian que tal vez nun programa minoritario agochado na madrugada faría menos ruido...por aquel entón era Aitana Sanchez a presentadora, unha cara fermosa e unha sosainas de carallo que foi sustituida con bó criterio polo director uns anos despois...perdiamos en escote pero gañabamos en intelixencia...
E foi ahi cando se convirteu "Dias de cine" nun programa de culto, onde moitos trasnoitabamos para rir, sorrir e reflexionar sobre cine o seu carón...
Agora marcha, marcha asqueado, aburrido, e canso de pelexar nunha cadea que non é pública e que non se diferencia de calquera privada, canso de tanta basura de pais de analfabetos...

Eu sintome tremendamente feliz de ter compartido tantas noites con el, gustabame as suas discrepancias cos seus colaboradores, gustabame que sendo o director lles permitira presentar reportaxes sobre cousas que el consideraba bazofia, tamén me gustaba o seu bó gusto para as actrices...jejejeje...e comparto miles das opinions que gracias, hoxe en día, a internet e a sitios coma YouTuve podemos seguir vendo unha e outra vez...gustabame a sua forma incorrecta de facerche amar o cine, e o xeito en que te obrigaba a ver unha tras outra miles de peliculas cada semana...Gracias por todo Sr. Gasset.

"...Soy consciente que a la hora de emisión de mi programa solo puede ser visto
por un puñado de politoxicómanos insomnes"