jueves, 3 de enero de 2008

ANTONIO GASSET DUBOIS


Teño o Ornitorrinco cabreado por que enterouse dunha nova nada agradable...
Parece ser que Gasset deixa "Dias de cine" de forma "voluntaria" (o que implica regulación de tve e prexuvilacion pero bueno...).
Gasset comezou coma periodista en TVE cando ainda nin se podian imaxinar o que seria unha pantalla de plasma, e coma el dicia cando o cine facia soñar, pensar e amar...ampliou a sua actividade decantandose decididamente pola critica cinematografica e incluso actuando en varias peliculas...coma a mitica "Arrebato" de Ivan Zulueta.
Dende Informe Semanal pasaria a dirixir "Dias de Cine" tal vez era demasiado molesta a sua sincera verborrea nun programa coma Informe Semanal, e pensarian que tal vez nun programa minoritario agochado na madrugada faría menos ruido...por aquel entón era Aitana Sanchez a presentadora, unha cara fermosa e unha sosainas de carallo que foi sustituida con bó criterio polo director uns anos despois...perdiamos en escote pero gañabamos en intelixencia...
E foi ahi cando se convirteu "Dias de cine" nun programa de culto, onde moitos trasnoitabamos para rir, sorrir e reflexionar sobre cine o seu carón...
Agora marcha, marcha asqueado, aburrido, e canso de pelexar nunha cadea que non é pública e que non se diferencia de calquera privada, canso de tanta basura de pais de analfabetos...

Eu sintome tremendamente feliz de ter compartido tantas noites con el, gustabame as suas discrepancias cos seus colaboradores, gustabame que sendo o director lles permitira presentar reportaxes sobre cousas que el consideraba bazofia, tamén me gustaba o seu bó gusto para as actrices...jejejeje...e comparto miles das opinions que gracias, hoxe en día, a internet e a sitios coma YouTuve podemos seguir vendo unha e outra vez...gustabame a sua forma incorrecta de facerche amar o cine, e o xeito en que te obrigaba a ver unha tras outra miles de peliculas cada semana...Gracias por todo Sr. Gasset.

"...Soy consciente que a la hora de emisión de mi programa solo puede ser visto
por un puñado de politoxicómanos insomnes"


1 comentario:

Anónimo dijo...

Gracias.