
IVAN ZULUETA
O que poido chegar a ser...
SeXo_liQuidO#UnivErSoS_de_LicOr
A maxia do fantastico nunha foi valorada neste país, Jacinto Molina tivo a sorte de que polo menos fora, en Alemania, en Francia, en Estados Unidos ou en Xapón, non é que fora coñecido, é que era un mito. (que llo pregunten se non a Tarantino).
Mais de cen peliculas coma interprete, medio centenar como guionista, e 14 coma director, certo que moitas foron basura, pero incluso no mundo no que se movia sempre amosou unha incrible forza para sacar adiante proxectos incribles con imaxinación e gañas.
Morreu o noso lobisome...bo momento para homenaxealo pirateando unhas cuantas das suas peliculas favoritas.
Ata sempre
FISH TANK
Andrea Arnold – UK /09
Katie Jarvis, Rebecca Griffiths, Carrie-Ann Savill
Unha historia moi jodida a que se agocha nesta pelicula escondida trala apariencia dunha intrascendente historia de adolescentes nun suburbio britanico.
Nalgúns foros xa a puxeron como a mellor pelicula britanica do ano, e realmente non é para menos.
A rapaza Katie Jarvis, no seu primeiro papel bordao, e non é unha persoaxe facil. Solitaria, nunha familia desestructurada, nunha idade dificil, e pelexando por liberar un cabalo preso...o dia e as dores de cabeza escapan bailando...pero...
Era un capricho deses que tes a corazonada de que vai ser algo interesante e tes que ir velo...pois iso, as veces acertase...
35 RHUMS
Claire Denis – Fr-Al/09
LESBIAN VAMPIRE KILLERS
Phil Claydon – UK/09
James Corden, Mathew Horne, MyAnna Buring
Esquecedevos dunha volta do cine britanico a ese maxico mundo da Hammer.
Para nada, o contrario, non é mais que unha paxarada actual para pajilleros que na malloria dos casos non saben nin quen é Carmilla, pero bueno...
Non ven sendo mais que unha adaptación da historia de Carmilla (Joseph Sheridan Le Fanu - 1872) rodeada de tetas, pero unhas tetas que nin van mais aló por moi lesbianas que sexan as vampiras, nin chegan o encanto das clasicas tetas da Hammer ocultas tras ese sutil tul branco mmmmmm. Aproveitemos dende aqui para recomendar as lecturas de Le Fanu, maxico e sempre inspirador ...
En canto á pelicula mala de cojones, pero si tes en conta que un titulo así hai que aproveitar para ir a velo en ocasións coma o maratón...e que joder, titulos coma este, ou en anos anteriores "pintar o hacer el amor" son deses que che estan dicindo: vennnnnnn, veeeennnnnnn.
Digamos que sirve para rirte un pouco, sin mais e sin pretensións cinematográficas
ANTICHRIST
Lars Von Trier – Din-Al-Fr/09
THE DENTIST [O DENTISTA]
Brian Yuzna – Usa/96
UN CHICO RARO (Curta)
Javi Camino – Es/09
Toni Junyent y Stela K.
Javi Camino é un mozo galego, que con moi poucos medios, e con moitas gañas presentou o seu traballo en Sitges este ano e triunfou, cando menos en resposta do público, a curta presentouse no maratón de Cineuropa e penso que á xente lle gustou, a min persoalmente moito.
Coa axuda de Toni Junyent na interpretación e no guión, e de Stela K. saiulle unha historia macabra e escondida trala apariencia doutra cousa...cando o vexades xa me contaredes...
Este é un mozo moi interesante e a quen ter moi en conta cara o futuro, se queredes saber mais del ten un blog moi interesante http://www.javicamino.com/
LES DERNIERS JOURS DU MONDE
Arnaud & Jean-Marie Larrieu – Fr-Es/09
Mathieu Amalric, Karin Viard, Catherine Frot, Sergi López, Clotilde Hesme, Omahyra
A verdade e que non fun capaz de decidir que cartel era mais apropiado, por que queria amosarvos a moza que aparece no cartel de abaixo...
Bueno, a cuestión é que estes dous señores estanse a convertir nuns dos meus favoritos nos ultimos tempos, tras firmar anterior mente "Pintar o hacer el amor", presentanse este ano nas pantallas con Les Derniers Jours du Monde (Os ultimos dias do mundo), unha pelicula interesantisima por varias razóns.
En primeiro lugar estou encantado con esta tendencia do futuro ou da ciencia ficción proxima (Sleep Dealers), o futuro de mañá, non o de dentro de 200 anos cando xa non esteamos aqui, a especulación sobre o que poderia pasar nun futuro proximo, non moi alleo polo que se ve na pelicula o sucedido aqui co prestige...como actuariamos? que ocorreria?
Gran desplegue de medios por parte de francia nesta peli, moito moito carto e sen que a penas se note, hai esceas que non desmerecen para nada o melloriño da ciencia ficción, pero non che da a impresión de estar vendo Terminator, entre outras cousas por que o que che esta contando é unha historia de amor, de desexo e de busqueda dunha identidade no medio do caos, o entorno o fin non importa demasiado...só é o decorado. Claro que hai que ter actitudes para facer ese decorado e non caer no ridiculo, algo no que aqui en Europa soemos caer cando imos a presupostos elevados que saen do que son as peliculas de epoca.
Reparto inmellorable, tanto do protagonista Mathieu Amalric, como de Karin Viard sempre xenial, ou de S. Lopez, que ultimamente está en todas, e coma sempre estupendo.
Rodada en gran parte en terras españolas as esceas dos san fermíns son acojonantes...a ver si Tom Cruise ten unha conversa con estes tipos sobre folclore español.
Ala...a estar pendientes desta parella que prometen moito
SOUL KITCHEN
Fatih Akin – Al/09
Adam Bousdoukos, Moritz Bleibtreu, Birol Ünel
A verdade é que a nova proposta de Fatih Akin non está mal, é curiosa, ten persoaxes coma o cociñeiro que deberian estar moito mais desenrrolados por que daban moito mais xogo que calquer outra persoaxe, hai musica, hai historia...pero joder, é tan manida, cae en tantos e tantos momentos comúns que xa chega un momento que resulta cansina e sen gracia.
Por que non se pode buscar un punto orixinal, algo que non sexa caer no de sempre, si eu fose o productor aproveitaria esta historia, pero obrigariao a cambiar o guión, joder, que ata remata cunha cea romantica...xa está ben
LOOKING FOR ERIC
Ken Loach – UK-Fr-Es/09
Steve Evets, Eric Cantona
Da man de Paul Laverty, Loach escapa lixeiramente do seu propio cine e faino para ben, sen afastarse dos problemas obreiros da inglaterra pre e post crise, Loach zambullese nunha comedia que xira entorno a un traballador de correos cunha vida de merda, da que consegue sair da man dun incrible e estupendo Eric Cantona.
Parece ser que foi o propio Cantona que propuxo a pelicula, e non vos podedes imaxinar o xogo que da este tipo...
Comedia fantastica para Loach que se converte nun acerto, tras varios filmes nos que renqueaba un pouco de sentimento ante tanto drama social.
THE AGONY AND THE ECSTASY OF PHIL SPECTOR
Vikram Jayanti - USA-UK/09 - Doc
Coma non hai maneira de atopar o puto cartel desta pelicula, e coma a persoaxe non me cae especialmente simpatica...vai esta foto de agasallo jejejeje. só por esa permanente deberian condenalo.
Digamos simplemente que Vikram Jayanti peca do mesmo que J. Temple, ainda asi o feito de amosar o xuizo por asasinato, e repasar á vez a historia deste afamado productor, (mago?) da industria músical amosa momentos maxicos coma algun que outro concerto de Tina Turner co seu ben querido e amado Ike, que son memorables.
Ainda asi, pouca chicha mais aló do cotilleo
"La música seguirá sonando, pero nosotros ya estaremos muertos."
(Ascensor para el cadalso)