viernes, 4 de diciembre de 2009

LES DERNIERS JOURS DU MONDE



LES DERNIERS JOURS DU MONDE

Arnaud & Jean-Marie Larrieu – Fr-Es/09

Mathieu Amalric, Karin Viard, Catherine Frot, Sergi López, Clotilde Hesme, Omahyra

A verdade e que non fun capaz de decidir que cartel era mais apropiado, por que queria amosarvos a moza que aparece no cartel de abaixo...

Bueno, a cuestión é que estes dous señores estanse a convertir nuns dos meus favoritos nos ultimos tempos, tras firmar anterior mente "Pintar o hacer el amor", presentanse este ano nas pantallas con Les Derniers Jours du Monde (Os ultimos dias do mundo), unha pelicula interesantisima por varias razóns.

En primeiro lugar estou encantado con esta tendencia do futuro ou da ciencia ficción proxima (Sleep Dealers), o futuro de mañá, non o de dentro de 200 anos cando xa non esteamos aqui, a especulación sobre o que poderia pasar nun futuro proximo, non moi alleo polo que se ve na pelicula o sucedido aqui co prestige...como actuariamos? que ocorreria?

Gran desplegue de medios por parte de francia nesta peli, moito moito carto e sen que a penas se note, hai esceas que non desmerecen para nada o melloriño da ciencia ficción, pero non che da a impresión de estar vendo Terminator, entre outras cousas por que o que che esta contando é unha historia de amor, de desexo e de busqueda dunha identidade no medio do caos, o entorno o fin non importa demasiado...só é o decorado. Claro que hai que ter actitudes para facer ese decorado e non caer no ridiculo, algo no que aqui en Europa soemos caer cando imos a presupostos elevados que saen do que son as peliculas de epoca.

Reparto inmellorable, tanto do protagonista Mathieu Amalric, como de Karin Viard sempre xenial, ou de S. Lopez, que ultimamente está en todas, e coma sempre estupendo.

Rodada en gran parte en terras españolas as esceas dos san fermíns son acojonantes...a ver si Tom Cruise ten unha conversa con estes tipos sobre folclore español.

Ala...a estar pendientes desta parella que prometen moito

No hay comentarios: