viernes, 4 de diciembre de 2009

LET´S GET LOST - CHET BAKER


LET´S GET LOST - CHET BAKER 
de BRUCE WEBER - USA/88 - Doc

21 anos despois estrease por fin a historia desta incrible persoaxe do jazz, Chet Baker, grande entre os grandes.
A pelicula rodouse pouco antes da morte de Baker, empeño dende habia tempo do mestre Weber por retratar a sua vida, a vida dun idolo, dun ser tan fascinante coma músico como coma persoa.
Baker sempre a sombra dos grandes da trompeta coma Parker ou Gillespie, e sempre mirado de reollo polo feito de ser branco nun mundo de negros, alcanzou as maiores glorias da vida coa trompeta pero nunca supo vivir con elo...as drogas, o carcere, as mulleres e o seu estilo de vida fixeron daquel galan que competia en popularidade con M. Clift ou con J. Dean un ser roto, alleo anos despois a todo o que tiña o seu alcance...coma tantos, o fin daba igual ser branco ou negro, o jazz era un estilo de vida, non un estilo músical.

O feito é que Weber recrea a sua historia dun xeito formal, tampouco é que fixera nada que revolucione o doc-music, pero o contrario que Temple, sabe narrar unha historia sin rodeos, sin tonterias, sin palla, eso por non mencionar a maestria de Weber coma fotografo.

Unha xoia, recrear concertos de Baker, o son desa trompeta, esa voz, esa presencia que incluso nos seus ultimos anos, escarallado perdido impoñia...o atractivo desta persoaxe era total. Esa escena de Baker na azotea dun edificio tocando a contraluz a trompeta...mmmmmmm 

 

No hay comentarios: