jueves, 14 de mayo de 2009

Adeus

TRIBUTO A ...

(Antonio Vega)

La voz muere en tu garganta

Con ella declina el día

Sol rojo en la lejanía

Ríe, engorda, quema y canta

Te ofrecieron su agonía

aquellas hojas doradas

desprendiéndose calladas

del susurro del ramaje

tejiendo un manto de encaje

a tu lágrima empujada

a tu lágrima empujada.

Lembro fai moitos anos pedirlle as nenas do meu colexio as pegatinas da SuperPop, non as grandes de Sabrina, Rick Astley ou o guaperas de Kirk Cameron, se non as que aparecian en pequeniño, as que eran para aproveitar o papel, aquelas de Radio Futura, Los Secretos ou Nacha Pop...habia una cinta pola casa de Dibujos Animados e a min gustabame Nacha Pop. Lembro tamen o estruendo musical que supuxo Nacha Pop 80-88.

“Se dejaba llevar,

se dejaba llevar por ti,

no esperaba jamás

y no espera sino es por ti,

nunca la oyes hablar,

solo habla contigo y nadie más”

O estruendo polo éxito de critica e ventas (por fín) do grupo e pola sua disolución...remataba unha época, era a época final de Dinarama, acercabase o fin de Sabino en Los Trogloditas, e quedaba pouco hoco xa para a bohemia da Nova Ola que pouco podia facer xa ante o peso que ian gañando Los Heroes del Silencio ou o futuro Grunge que nos atronaria dende Seatle.

“Lo mejor de nuestra vida aprendimos a mentir y no sentir temor,

El amor que antes dolía convertido en superamistad entre los dos,

lo mejor decidido.”

Tres anos despois, ainda novo, moi novo escoitei mentres me cortaban o pelo unha canción increible, algo que nese momento teria pagado por que levara a miña firma, e algo me obrigou a comprar ese disco...a canción era Esperando nada e o disco, o primeiro en solitario de Antonio "No me iré mañana" (casi ten ata coña).

“Vivo en la calle, estudio de aprendiz

Con libros que en la escuela nunca vi”

Dende ese momento Antonio indudablemente e dun xeito amable acompañou a miña vida ata onte, e seguirá facendoo suponño que ata que me toque a min, hai cousas que non elixes. Ese ano para conseguir velo en directo escapamos dun xeito estraño do instituto para velo en Santiago. Nese concerto tocaban Antonio e Ketama.

“Hay nieve, hay fuego, hay deseos

allí donde me recreo”

O concerto suspendeuse pola chuvia, pero coma nos levabamos unha chea de horas en Santiago, estivemos presentes durante a entrevista que Mon Santiso (quien te ha visto y quien te vé) xe fixo nas escalinatas da Alameda Compostelana. É alí lle pedimos un autografo e o tivemos diante por primeira vez.

“Hoy no me desplazo a grandes trancos por la vida.

Es mi andar discreto e indiscreta es mi alegría.

Es sólo cuestión de tiempo, como viento en mar amiga.

Es presunción de las mías creer que así escrita fue mi vida.”

Pasou moito tempo ata que o conseguin ver en directo, en parte debido a que nunca foi o que se diria prolifico en canto á edición de discos e logo supoño que por mala sorte, mala coincidencia de datas etc...e por ser uns crios e non poder dispoñer dun coche que te levara directamente ata o concerto.

“Viento que en su murmullo parece hablar,

mueve el mundo y con gracia le ves bailar

y con él el escenario de mi hogar.”

Lembro que non sempre foi asi, non sempre Antonio saia nos teledirarios, aquel primeiro disco foi abrazado pola critica de contado pero moi poucos sabian ainda quen era Antonio Vega, e moi poucos lembraban xa Nacha Pop. Lembro un concerto seu en Pasarón, Pontevedra, teloneando a J. Sabina (outro que tal baila, quien te ha visto y quien te vé) cando este xa empezaba a xoguetear cos rapaces dos 40 esquecendo á Canalla...pero bueno iso é outro tema. Antonio ante 50 fanaticos (recoñezamos que gruppies enfurecidas) diante do esceario e todo Pasarón petado esperando a Sabina...só o disfrutamos nós, agora haberá 10.000 persoas que dirán que o viron ese dia, mentira, estaban tomando a cervexa e mirandolle o cú á rapada de diante no concerto.

“Qué feliz aquella noche , rellenando hojas sin parar

Hoy lo leo y río solo. No me queda nada que ocultar

Soy el sueño de mis gatos y el insomnio de un perro guardián

He encontrado la manera de actuar sin justificación

agarrado a la quimera de no estar vendido al corazón”

Xa de aquela morria, xa estaba nas ultimas, falamos de 1992, así que apareceu un disco homenaxe, algo que xamais se fixera neste pais, e iso xa soaba definitibamente a epitafio...a discográfica aproveitou e lanzou tamén un recopilatorio blablabla...morre morre morre....e zás, morre Antonio...Flores....pena en el Hola por que murio el hijo de la Faraona, xamais o autor de "Mi habitación", cousas que pasan. Mais a diante tocarialle a un amigo, E. Urquijo, ainda lider dos eternos Tos, Secretos, e cunha interesante carreira en solitario aparece morto nun portal cando ninguen o esperaba...aqui é onde entra un tema como Agarrate fuerte a mi...interpretado por amizade por Antonio e que tanto disfrutas na sua voz...


“Agárrate fuerte a mi María

Agarrate fuerte a mi

Que tengo miedo

Y no tengo donde ir”

Pero Antonio seguia compoñendo e sacando discos, e seguia actuando en directo, e seguia activo e seguia apaixoando...pero a xente seguia falando e falando, e cando dicias que ias a un concerto seu, ou que ias mercar un disco seu...xa ias a ver ó yonki e de novo blablabla...


“Y NO LO SUPE CONTESTAR.

LO CIERTO ES QUE ME DABA IGUAL QUÉ DIRECCIÓN TOMAR.

SOÑÉ QUE SOÑAR ERA TAN CIERTO COMO IMAGINAR.

SOY DESDE ENTONCES VIAJERO DE LOS QUE NUNCA DA UN PASO ATRÁS.”


Neste tempo grabou varios discos incribles, e un puñado de cancións que pasarán á historia e que todos cantaremos durante anos, cunha guitarra cerca...

“Pasajeras del cielo desafiad a quien dude que esta es una

Historia real

Fue pasando el tiempo, aprendí a esperar

Hay crepúsculos que nunca nos sorprenderán.”

Neste tempo tivo momentos mellores e peores, concertos realmente bós acompañado polos mellores músicos do país, dende Basilio Martí, Billi Villegas, Carlos Narea ou Nacho Bejar, ou en formatos mais intimos, acompañado da sua guitarra e pouco mais que a sua voz. Ás veces Antonio tiña que ser dirixido, ou perdiase nun solo de guitarra, ou reinventaba a letra cando ninguen o esperaba...e outras surxia un xenio, un guitarrista incrible, un músico que falaba versos, e que conseguia unha atmosfera fora de lugar.

“Dos formas de vida,

la propia y la ajena

Una misma ola

rompe en dos orillas

La alumbrada por sí sola,

la alumbrada por bombillas”

Nos últimos anos a pesar da morte de Marga, ou quizais por iso, Antonio estaba mais activo que nunca, fixo un sin fin de colaboracións e de versións, resucitou a Nacha Pop (para ser sinceros fixose acompañar do seu primo Nacho para coa sua banda reinterpretar temas de Nacha, xa que Carlos non se via con folgos tras 20 anos de voltar á estrada), colaboraba habitualmente con Basilio na banda deste, a suxerente e xenial The Yuri Gagarin Trio (cuarteto cando eran acompañados por Antonio á guitarra)...

“Noche oscura, guárdame del temor

que entre mares, agua de río soy

Laberinto que turba la razón

del que lleva barro y arena en el corazón”

Os seus últimos concertos foron do mellor que eu lle disfrutei xamais, pletorico o ano pasado no Nautico do Grobe e en Cambados en duas datas seguidas, jodidisimo da gorxa pero totalmente entregado.

“Mi secreto es conocerte

como la lluvia al Sol”

Foi ahí, no auditorio de Cambados, onde conseguin por fín coñecelo, escondido de periodista e coa escusa dunha entrevista para o Fanzine Despregable (o nº 20, que agora convertirase en peza de coleccionistas, jejejeje, ahhhh tiveradelo comprado no seu momento), que conseguín felicitar a unha das persoas que mais admiro.

“No me da miedo la sinceridad

que desde el principio fue para los dos algo normal

Sé que te preguntarás

cómo caminos tan distintos pueden ser trazados a la par”

Alí, tralo concerto, acompañeinos no camerino e puiden descubrir á persoa que se agochaba tras o micro, a ese ser timido que se facia grande trala sua guitarra. Accedeu a que o entrevistaramos a pesares da afonia, a pesares do cansancio da viaxe, a pesares que que eu me alarguei todo o que puiden e mais. Antonio interesouse pola labor do fanzine, por como o faciamos, e gardou varios números, logo falamos, de música, de proxectos dun sin fin de cousas ata que se fixo tarde.

“Dulce como miel

probar el roce de su piel

Ella en el suelo, yo en el aire

Dulce pero cruel

llenó mi mundo de papel

Jamás pensé que llegaría a helarme

Que perdería el calor

y con el tiempo la razón”

Unha persoa tremendamente humilde e timida, pausada nas respostas, sempre analizando o que vai dicir, unha persoa tremendamente intelixente, cun mundo interior incrible e que sobre todo transmitia serenidade, falaba de ti a ti, agochado mirandote dende abaixo, pero tremendamente afable e simpatico, un extrano sentido do humor...catro confesións que quedan para min, e unha entrevista dan mostra da charla, o fundamental? Mais actividade un disco en directo con temas novos para este ano (snif!¡) e unha xira de concertos acusticos, e tal vez temas novos para Nacha, non se lle vian gañas de parar.

“El día más inesperado

vi redimidos mis pecados

Alcé la vista y dije ¡claro!

Volvía a estar de vuestro lado

Deambular por las aceras

tropezar con las ideas

llevó mi hogar a cualquier sitio

y me hizo ser de donde piso

Piel de terciopelo

cubre a mis pies el mundo entero”

Tamén saquei desa entrevista un single de La chica de ayer, de 1980, en bó estado firmado por el...si, fetichista tamén un pouco...tal vez algún dia alguen estea disposto a pagar por el.

“Calle arriba, camine tranquilo
al encuentro de un invierno frío
que deje pasar.

Al doblar la esquina y en la acera,
di de bruces con la primavera,
no la vi llegar.

Un verano sin excusa
en otoño me olvido la musa
me dejó marchar.”

Logo movendo os fios das amizades da terra case esquecidas, a vida da estas voltas extrañas e alí estaban para abrirme as portas da festa privada posterior o concerto (gracias Nova, gracias Mar-Estrella).

“Mi vida es esa canción, amiga de la luna
Escrita en el corazón
Para ahuyentar la noche oscura

Si tuve los destinos
Entre la razón y el loco desatino
Fue porque conocí juegos prohibidos
Para morir viví, Muero por estar vivo”

Foi nesa festa onde aproveitei para falar con Basilio sobre a sua banda, e sobre a sua relación con Antonio, e descubrir durante esa conversación, que a un músico da calidade e o nivel de Basilio sentise tal respeto e admiración por Antonio Vega...despois de tantos anos xuntos...

“Para bien y para mal
Fue que me deje llevar
Y si digo la verdad
No sabria por donde empezar
Una mano se ofreció
Nada tienes que temer
Me subio y me subio
Y mas tarde me dejo caer
Me fue llevando la corriendo
Alli donde no hacia pie
Nada dura para siempre
Pero para siempre dije adios a ayer”

Esa foi unha gran noite

Hai unhas semanas entereime por unha columna en Público que ingresara no hospital por unha neumonia, a verdade e que cando o comentaba todo o mundo facia as bromas típicas ó respecto, pero penso que a ningun se nos ocorreu que poderia chegar a pasar, e menos agora, con tanta actividade, con tantos proxectos, tan centrado na guitarra, na música, no esforzo deses textos...

“En un lugar perdido
Siete lunas han dejado su reflejo en el mar,
En un mar dormido,
Solo un beso de sirena lo hará despertar”

Avisaronme o outro dia pola mañá por sms, e supen que era certo, non o dubidei, sabia que era certo, preguntei pero non facia falta, sabiao, e comezaron a chegar mensaxes de pesame o meu movil como si eu fora da sua familia (que coña non?).

“Búscate un sitio

Donde un disco suene fuerte y no puedas hablar

Desde el principio

Esa gente tan extraña te hicieron dudar

Un juego sucio”

Cansariase de vivir, de pelexar, de dar explicacións, de buscar a melodia correcta ou de seguir respirando, cantas veces non o tiveche pensado? el foi mais eficaz, escondido de cancer de pulmón, de neumonia ou do que sexa...a quen lle importa, xa non está, xa non hai mais concertos, xa non hai mais xiras, nin mais discos orixinais, apenas apareceran algúns temas soltos nos proximos meses, algúnha grabación sua...que mais ten queda a sua música, igual que a de todos os grandes xenios da historia do pop...a sua música seguirá por sempre ahi...como sempre ahi...

Son moitos anos de compañia, si boto contas uns 20...GRACIAS


ELIXIR DE JUVENTUD

(Antonio Vega)

Fue

el día en que escuché tu voz,

seguí su eco hasta un rincón.

Allí tomó la forma de canción.

Hoy

no hay ley que pueda atarte a mí.

Por eso sueño junto a ti.

Pues nunca dices nada por decir.

Es sensible y racional.

Yo me ocupo en descubrir

toda su facilidad para entenderme y sonreír.

Ella es mujer, niña, ella es mi chica.

Pues sin moverse me trae el Levante y el Sol.

Queriendo y sin darme cuenta

como un espejo reflejo su brillo y color.

Y es que hoy

aún quedan ojos que mirar.

No se oiga ni una queja más...

DEL ELIXIR DE JUVENTUD

BEBIMOS JUNTOS PROMETIÉNDONOS LA VIDA.

¿ QUIÉN NOS LLAMÓ ?, ¿ QUÉ PUDO SER ?.

NOS PUSO DE LA MANO DESDE EL PRIMER DÍA.

Ella es mujer, niña, ella es mi chica.

Y cuando quiere me trae el Levante y el Sol.

Queriendo y sin darme cuenta

como un espejo reflejo su brillo y color.

DEL ELIXIR DE JUVENTUD

BEBIMOS JUNTOS PROMETIÉNDONOS LA VIDA.

¿ QUIÉN NOS LLAMÓ ?, ¿QUÉ PUDO SER ?.

NOS PUSO DE LA MANO DESDE EL PRIMER DÍA.

DEL ELIXIR DE JUVENTUD

BEBIMOS JUNTOS PROMETIÉNDONOS LA VIDA.

¿ QUIÉN NOS LLAMÓ ?, ¿ QUÉ PUDO SER ?.

DE NUESTRO JURAMENTO JUEZ EL PRIMER DÍA

(A Teresa)









No hay comentarios: