jueves, 22 de noviembre de 2007

FERNANDO FERNAN GOMEZ (1921-2007)


Onte morreu Fernando Fernan Gomez, 86 anos tiña, neste tempo deulle tempo a gañar esa fama de gruñon cascarrabias que tiña, pero tamen de moito mais.

Unha das persoas mais grandes no mundo da cultura neste pais no ultimo siglo, membro da real academia española, dramaturgo, director, actor, escritor, filosofo, todos os premios que poidas imaxinar reciviunos en vida, os que leve de aquí en diante daran igual…

A sua xeracion foi caendo pouco a pouco, Rey, Rabal, Agustin Gonzalez…perdemos a unha grandisima xeracion de actores, que si vos fixades nas suas filmografias (e nas do derradeiro supervivinte: M. Alexandre) non hai unha grande película española na que non este un deles, ou varios, ou todos…

Para min sinceramente o mais grande, o meirande dos meus respetos…

Sera recordado seguramente coa sua imaxe en “El abuelo” de J.L. Garci, pero traballou nunhas duascentas películas, dirixindo 20 delas; seria un bo momento para rescatar algunha das suas obras…aquí vos deixo unha pequena escolma para que empecedes a revisalas…


martes, 20 de noviembre de 2007

COMPOSTELA NOCTURNA


Seguramente sexa Compostela a cidade que ten as noites mais fermosas do mundo...
Hoxe saia de Cineuropa, facia ese frio cortante, con unha bretema que lle daba á noite unha maxia e unha humidade incribles...pero non chove, e fun camiñando ata a casa...pensando, nas peliculas de hoxe, nas noites, deambulando por cada rincón, cruzandome con xente, descoñecidos, as veces os anos e a frecuencia coa que ves as cousas fan que olvides ou deixes de mirar sitios, lugares, pedras, ruas que son incribles...
Camiño de Conxo_St. ata a silueta da cidade da cultura á luz da lua parece fermosa...

viernes, 16 de noviembre de 2007

O Ornitorrinco sumerxese en Cineuropa´07

Ufffff longas noites de pedra...que diria aquel.
Como xa estou en idade de lembrar hoxe vou lembrar, agardade, vou poñer musica...(Teño o mes tonto con Kurt Elling...asi que...)
Onte entre unha pelicula de Cineuropa e outra, tal vez por culpa do frio, puxenme a lembrar aquela primeira edición de Cineuropa á que asistín, uffffff debia ser a novena ou a decima...e hai cousas que cambiaron, o que non cambia é o frio, ti estas na casa, e a pelicula que non queres perder é ás 00h. e ti estas quentiño na casa, e sufres ese momento pereza...pero sobreposte pos o abrigo a bufanda e daste animos...e cando saes do portal "cagaste en dios"...
Tampouco cambia o cheiro das ruas da zona vella neste tempo...castañas asadas
E tampouco cambia a xente que asiste, as mismas caras ano tras ano...e os mesmos erasmus...bueno, serán os mesmos pero falan igual de raro jejeje.
Pero tal vez atopo menos xuventude, a xente nova que pasa? do botellón para a casa e da casa para o botellón? nos meus tempos en lugar de ir a facultade ias para Cineuropa, logo para a casa, logo para o botellón, e ainda saias polos bares...que nos está facendo Zapatero? jejeje...
Outra cousa que cambiou foron esas inmensas colas, tiñas que facer duas horas de cola para recoller as entradas dunha peli de hora e media ... incrible... hoxe o aumento do número de salas, internet e demais melloraron moito todo iso...
Pero agora, dende Conxo St. lembro aquelas colas inmensas, sin mp3 nas orellas, papando frio e comendo castañas...

Queda moito para falar sobre Cineuropa, o mes é moi longo

cineuropa.compostelacultura.org/