viernes, 16 de noviembre de 2007

O Ornitorrinco sumerxese en Cineuropa´07

Ufffff longas noites de pedra...que diria aquel.
Como xa estou en idade de lembrar hoxe vou lembrar, agardade, vou poñer musica...(Teño o mes tonto con Kurt Elling...asi que...)
Onte entre unha pelicula de Cineuropa e outra, tal vez por culpa do frio, puxenme a lembrar aquela primeira edición de Cineuropa á que asistín, uffffff debia ser a novena ou a decima...e hai cousas que cambiaron, o que non cambia é o frio, ti estas na casa, e a pelicula que non queres perder é ás 00h. e ti estas quentiño na casa, e sufres ese momento pereza...pero sobreposte pos o abrigo a bufanda e daste animos...e cando saes do portal "cagaste en dios"...
Tampouco cambia o cheiro das ruas da zona vella neste tempo...castañas asadas
E tampouco cambia a xente que asiste, as mismas caras ano tras ano...e os mesmos erasmus...bueno, serán os mesmos pero falan igual de raro jejeje.
Pero tal vez atopo menos xuventude, a xente nova que pasa? do botellón para a casa e da casa para o botellón? nos meus tempos en lugar de ir a facultade ias para Cineuropa, logo para a casa, logo para o botellón, e ainda saias polos bares...que nos está facendo Zapatero? jejeje...
Outra cousa que cambiou foron esas inmensas colas, tiñas que facer duas horas de cola para recoller as entradas dunha peli de hora e media ... incrible... hoxe o aumento do número de salas, internet e demais melloraron moito todo iso...
Pero agora, dende Conxo St. lembro aquelas colas inmensas, sin mp3 nas orellas, papando frio e comendo castañas...

Queda moito para falar sobre Cineuropa, o mes é moi longo

cineuropa.compostelacultura.org/

No hay comentarios: