miércoles, 30 de diciembre de 2009

OUTRO QUE MARCHA


IVAN ZULUETA

O que poido chegar a ser...

sábado, 19 de diciembre de 2009

ADEUS JENNIFER JONES


Outro adeus para ir rematando o ano...

Gracias por tantas historias...

jueves, 17 de diciembre de 2009


PUERTAS ABIERTAS

Vas a cumplir
Un año más
Es un día especial
Tus amigos
Y enemigos
Van a hacerte recordar
Y respirar
Antes de hablar
Sin saber lo que decir
De un instante
A un momento
Luego todo un porvenir
Piénsate bien que vas a hacer
Una buena juerga o desaparecer
Es tu día de suerte
Puertas abiertas a un año más
Una ventana en el tiempo
Una ocasión, otra ilusión te esperan sólo a ti
Puertas abiertas a un año más
puertas abiertas a algún lugar
para ti
sonríete, si
el espejo has de romper
trozo a trozo
tu sonrisa
tienes ahora que esparcir
vas a encontrar
algo que amar
no lo hagas esperar
regálale tu ser
de ser feliz con él
sin llegar a usar la red
piénsate bien
que vas a hacer
una buena juerga
y desaparecer
es tu día de suerte
puertas abiertas a un año más
una ventana en el tiempo
una ocasión, otra ilusión te esperan solo a ti
puertas abiertas a un año más
puertas abiertas a algún lugar
para ti.

(Nacha Pop)

viernes, 4 de diciembre de 2009

PAUL NASCHY


A maxia do fantastico nunha foi valorada neste país, Jacinto Molina tivo a sorte de que polo menos fora, en Alemania, en Francia, en Estados Unidos ou en Xapón, non é que fora coñecido, é que era un mito. (que llo pregunten se non a Tarantino).

Mais de cen peliculas coma interprete, medio centenar como guionista, e 14 coma director, certo que moitas foron basura, pero incluso no mundo no que se movia sempre amosou unha incrible forza para sacar adiante proxectos incribles con imaxinación e gañas.

Morreu o noso lobisome...bo momento para homenaxealo pirateando unhas cuantas das suas peliculas favoritas.

Ata sempre


FISH TANK


FISH TANK

Andrea Arnold – UK /09

Katie Jarvis, Rebecca Griffiths, Carrie-Ann Savill  

Unha historia moi jodida a que se agocha nesta pelicula escondida trala apariencia dunha intrascendente historia de adolescentes nun suburbio britanico.

Nalgúns foros xa a puxeron como a mellor pelicula britanica do ano, e realmente non é para menos. 

A rapaza Katie Jarvis, no seu primeiro papel bordao, e non é unha persoaxe facil. Solitaria, nunha familia desestructurada, nunha idade dificil, e pelexando por liberar un cabalo preso...o dia e as dores de cabeza escapan bailando...pero...

Era un capricho deses que tes a corazonada de que vai ser algo interesante e tes que ir velo...pois iso,  as veces acertase...

35 RHUMS


35 RHUMS

Claire Denis – Fr-Al/09

Alex Descas, Mati Diop, Nicole Dogue, Grégoire Colin
      
E vou eu e caio outra vez nas redes de C. Denis, si é que é culpa miña...pero bueno, as veces os horarios fan que non poidas ir ver o que desexas e teñas que sufrir o mono có que queda en cartel.

A ultima pelicula de Denis teño que dicir que deixa mellor sabor que as anteriores das que falei aqui...a pesar dun ritmo cansino que non pide a historia, polo menos para min.

O retrato dunha "familia" (no termo mais amplo de familia)  de orixe inmigrante (pero xa instalados como cidadans regulares, nada de economia sumerxida nin exclavización postmoderna nin nada asi) e a sua pelexa por adaptarse e sobrevivir na francia actual, dende un punto de vista moi intimista, moi proximo á melancolia de algo que non sei moi ben o que é.

Digamos que o fin, o protagonista bebe os 35 rons

LESBIAN VAMPIRE KILLERS


LESBIAN VAMPIRE KILLERS

Phil Claydon – UK/09

James Corden, Mathew Horne, MyAnna Buring

Esquecedevos dunha volta do cine britanico a ese maxico mundo da Hammer. 

Para nada, o contrario, non é mais que unha paxarada actual para pajilleros que na malloria dos casos non saben nin quen é Carmilla, pero bueno...

Non ven sendo mais que unha adaptación da historia de Carmilla (Joseph Sheridan Le Fanu - 1872) rodeada de tetas, pero unhas tetas que nin van mais aló por moi lesbianas que sexan as vampiras, nin chegan o encanto das clasicas tetas da Hammer ocultas tras ese sutil tul branco mmmmmm. Aproveitemos dende aqui para recomendar as lecturas de Le Fanu, maxico e sempre inspirador ...

En canto á pelicula mala de cojones, pero si tes en conta que un titulo así hai que aproveitar para ir a velo en ocasións coma o maratón...e que joder, titulos coma este, ou en anos anteriores "pintar o hacer el amor" son deses que che estan dicindo: vennnnnnn, veeeennnnnnn.

Digamos que sirve para rirte un pouco, sin mais e sin pretensións cinematográficas

ANTICHRIST


ANTICHRIST

Lars Von Trier – Din-Al-Fr/09

W. Dafoe y Charlotte Geinsburg

Gustariame comenzar dicindo que antetodo son anti-vontrierano.
Gustariame tamén añadir que son fan de S. Geinsburg e de J. Birkin, asi que teño debilidade pola sua filla, que fai aqui un papelazo digno do premio en Cannes, non o discuto, pero alguén lle deberia dar un señor premio o excepcional W. Dafoe, este tipo é que vale para todo, dende Calles de fuego non para de sorprendernos, ano tras ano, proxecto tras proxecto, e joder! está exactamente igual que en Platoon, é incrible...e acavo de descubrir que lle pon voz a unha das persoaxes de The wild bunch (e dicir Grupo Salvaxe) nunha adaptación animada...

Bueno, tras botarlle flores a Dafoe, que mais dicir? visualmente impactante, iso si, pero asi o resto dos adxetivos que se me veñen a cabeza serian...egocentrica, pedante, cansina, longa, cruel en exceso e sen motivo (non é que non haxa motivo para a crueldade, non hai motivo para certas esceas, todos sabemos o que é non rodar en plano, pero parece que o señor Trier dixose como vai ser posible que se fale mais de Gibson ou de Haneke sobre peliculas crueis? vou facer a nai da crueldade)

Que dicir cando o seu nome aparece sobre o titulo a mais tamaño que o dos actores, ese ego Trier, que la soberbia es muy mala...ay, como son os mellores directores de cine do mundo

THE DENTIST


THE DENTIST [O DENTISTA]

Brian Yuzna – Usa/96

Corbin Bernsen, Linda Hoffman

Pa mear y no echar gota...a proxima revisión no dentista faina jesucristo...
Este é un deses pseudo-clasicos de xenero, que cando entras no cine xa sabes que o vas pasar mal, pero alí vas coma un masoquista, igual que cando entras na sala de espera dun dentista vamos.
A verdade é que esperaba bastante menos desta cinta, e sorprendeume gratamente, a peli é do 96 e curiosamente non se ve nada vella, e mais si che din que é do ano pasado creelo. Mezcla momentos realmente sadicos e duros con intres de humor ben coidados...
Atentos que hai unha secuela...

UN CHICO RARO

UN CHICO RARO   (Curta)

Javi Camino – Es/09

Toni Junyent y Stela K. 

Javi Camino é un mozo galego, que con moi poucos medios, e con moitas gañas presentou o seu traballo en Sitges este ano e triunfou, cando menos en resposta do público, a curta presentouse no maratón de Cineuropa e penso que á xente lle gustou, a min persoalmente moito.

Coa axuda de Toni Junyent na interpretación e no guión, e de Stela K. saiulle unha historia macabra e escondida trala apariencia doutra cousa...cando o vexades xa me contaredes...

Este é un mozo moi interesante e a quen ter moi en conta cara o futuro, se queredes saber mais del ten un blog moi interesante http://www.javicamino.com/




LES DERNIERS JOURS DU MONDE



LES DERNIERS JOURS DU MONDE

Arnaud & Jean-Marie Larrieu – Fr-Es/09

Mathieu Amalric, Karin Viard, Catherine Frot, Sergi López, Clotilde Hesme, Omahyra

A verdade e que non fun capaz de decidir que cartel era mais apropiado, por que queria amosarvos a moza que aparece no cartel de abaixo...

Bueno, a cuestión é que estes dous señores estanse a convertir nuns dos meus favoritos nos ultimos tempos, tras firmar anterior mente "Pintar o hacer el amor", presentanse este ano nas pantallas con Les Derniers Jours du Monde (Os ultimos dias do mundo), unha pelicula interesantisima por varias razóns.

En primeiro lugar estou encantado con esta tendencia do futuro ou da ciencia ficción proxima (Sleep Dealers), o futuro de mañá, non o de dentro de 200 anos cando xa non esteamos aqui, a especulación sobre o que poderia pasar nun futuro proximo, non moi alleo polo que se ve na pelicula o sucedido aqui co prestige...como actuariamos? que ocorreria?

Gran desplegue de medios por parte de francia nesta peli, moito moito carto e sen que a penas se note, hai esceas que non desmerecen para nada o melloriño da ciencia ficción, pero non che da a impresión de estar vendo Terminator, entre outras cousas por que o que che esta contando é unha historia de amor, de desexo e de busqueda dunha identidade no medio do caos, o entorno o fin non importa demasiado...só é o decorado. Claro que hai que ter actitudes para facer ese decorado e non caer no ridiculo, algo no que aqui en Europa soemos caer cando imos a presupostos elevados que saen do que son as peliculas de epoca.

Reparto inmellorable, tanto do protagonista Mathieu Amalric, como de Karin Viard sempre xenial, ou de S. Lopez, que ultimamente está en todas, e coma sempre estupendo.

Rodada en gran parte en terras españolas as esceas dos san fermíns son acojonantes...a ver si Tom Cruise ten unha conversa con estes tipos sobre folclore español.

Ala...a estar pendientes desta parella que prometen moito

SOUL KITCHEN


SOUL KITCHEN

Fatih Akin – Al/09

Adam Bousdoukos, Moritz Bleibtreu, Birol Ünel


A verdade é que a nova proposta de Fatih Akin non está mal, é curiosa, ten persoaxes coma o cociñeiro que deberian estar moito mais desenrrolados por que daban moito mais xogo que calquer outra persoaxe, hai musica, hai historia...pero joder, é tan manida, cae en tantos e tantos momentos comúns que xa chega un momento que resulta cansina e sen gracia.

Por que non se pode buscar un punto orixinal, algo que non sexa caer no de sempre, si eu fose o productor aproveitaria esta historia, pero obrigariao a cambiar o guión, joder, que ata remata cunha cea romantica...xa está ben

LOOKING FOR ERIC


LOOKING FOR ERIC

Ken Loach – UK-Fr-Es/09

Steve Evets, Eric Cantona

Da man de Paul Laverty, Loach escapa lixeiramente do seu propio cine e faino para ben, sen afastarse dos problemas obreiros da inglaterra pre e post crise, Loach zambullese nunha comedia que xira entorno a un traballador de correos cunha vida de merda, da que consegue sair da man dun incrible e estupendo Eric Cantona.

Parece ser que foi o propio Cantona que propuxo a pelicula, e non vos podedes imaxinar o xogo que da este tipo...

Comedia fantastica para Loach que se converte nun acerto, tras varios filmes nos que renqueaba un pouco de sentimento ante tanto drama social.

THE AGONY AND THE ECSTASY OF PHIL SPECTOR


THE AGONY AND THE ECSTASY OF PHIL SPECTOR

Vikram Jayanti - USA-UK/09 - Doc

Coma non hai maneira de atopar o puto cartel desta pelicula, e coma a persoaxe non me cae especialmente simpatica...vai esta foto de agasallo jejejeje. só por esa permanente deberian condenalo.

Digamos simplemente que Vikram Jayanti peca do mesmo que J. Temple, ainda asi o feito de amosar o xuizo por asasinato, e repasar á vez a historia deste afamado productor, (mago?) da industria músical amosa momentos maxicos coma algun que outro concerto de Tina Turner co seu ben querido e amado Ike, que son memorables.

Ainda asi, pouca chicha mais aló do cotilleo

LET´S GET LOST - CHET BAKER


LET´S GET LOST - CHET BAKER 
de BRUCE WEBER - USA/88 - Doc

21 anos despois estrease por fin a historia desta incrible persoaxe do jazz, Chet Baker, grande entre os grandes.
A pelicula rodouse pouco antes da morte de Baker, empeño dende habia tempo do mestre Weber por retratar a sua vida, a vida dun idolo, dun ser tan fascinante coma músico como coma persoa.
Baker sempre a sombra dos grandes da trompeta coma Parker ou Gillespie, e sempre mirado de reollo polo feito de ser branco nun mundo de negros, alcanzou as maiores glorias da vida coa trompeta pero nunca supo vivir con elo...as drogas, o carcere, as mulleres e o seu estilo de vida fixeron daquel galan que competia en popularidade con M. Clift ou con J. Dean un ser roto, alleo anos despois a todo o que tiña o seu alcance...coma tantos, o fin daba igual ser branco ou negro, o jazz era un estilo de vida, non un estilo músical.

O feito é que Weber recrea a sua historia dun xeito formal, tampouco é que fixera nada que revolucione o doc-music, pero o contrario que Temple, sabe narrar unha historia sin rodeos, sin tonterias, sin palla, eso por non mencionar a maestria de Weber coma fotografo.

Unha xoia, recrear concertos de Baker, o son desa trompeta, esa voz, esa presencia que incluso nos seus ultimos anos, escarallado perdido impoñia...o atractivo desta persoaxe era total. Esa escena de Baker na azotea dun edificio tocando a contraluz a trompeta...mmmmmmm