jueves, 1 de octubre de 2009

OUTRO ADEUS


Foi a principios do mes de agosto cando nos enteramos da morte de Willy DeVille. 55 anos e un puñado de cancións e concertos que me acompañaron dende hai unha morea de anos.
Ben sexa da man de Mink Deville ou en solitario Willy sempre deixou o seu selo independente, profundo, con sentimento e sempre arriscado. Cunha imaxe digna de protagonizar Piratas del Caribe o seu selo queda impreso en cada un dos seus discos, e cada vez que un de nos poña esa maxica "La princesa prometida" sempre nos lembraremos del.
Fai case 15 anos ou tal vez mais cando o vin en Vigo, cunha banda alucinante agarrado a un micro envolto en rosas vermellas...ese dia, un dos meus primeiros concertos importantes, merquei unha camiseta sua que ainda anda pola casa...
Willy forma parte dese grupo de músicos neoyorquinos afecionados a cantar nese castelan chicano que perfora os nosos timpanos estridentemente pero que coma nas letras de Jonathan Richman sentes inmediatamente afinidade.
Un mal ano este, cheo de despedidas demasiado prematuras, este blog a este paso cambiará o seu nome por Obituario.